Friday 03 de May de 2024

Dezaoito nenas e nove nenos integran a 22ª promoción da Policía Infantil de Riveira


Nove rapaces incorpóranse como axentes á patrulla

Un total de 27 rapaces (nove nenos e dezaoito nenas) integran a 22ª promoción da Policía Infantil de Riveira, que foi presentada hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial nun acto que estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas, quen estivo acompañado do concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Ruíz Lampón, e do coordinador da patrulla, o oficial da Policía Local José Andrés Alonso Paz.

Entre as funcións da Policía Infantil, figuran orientar e facilitar información aos visitantes sobre a cidade ou desfilar en distintos actos como festas e procesións. Anteriormente, os cativos estiveron a recibir unha formación específica sobre o seu labor (memorización do rueiro de Santa Uxía; localización das farmacias, bancos e praias, interpretación dos mapas,…).

O rexedor municipal destacou o labor que prestan os rapaces que integran este servizo, con idades entre os 8 e os 16 anos, e animou aos pais e nais a que sigan animándoos a facer cousas polos demais.

Entrega de credenciais
Manuel Ruiz entregou as correspondentes credenciais aos nove novos membros que se incorporan á patrulla: Raquel Martínez López, Lúa Lages Brión, Rocío Pego Martínez, Iria Colinas Cacabelos, Alberto Lens Sobrido, Samuel Cruz, María López Franco, Laura Daniela Francisco Cardenas e Isabel Rama Santo.

Tamén forman parte da policía infantil María Elena Hermida Zapata, Álex Lages Brión, Kamal Chhain, Ana María Ben Miniño, Lara González Rey, Brais Abraldes Prol, Dominik Baptista Quintela, Lucía Torres Paz, Alba pena Blanco, Rubén Martínez López, Celia Blanco Pérez, Paula Barreiro Losada, Paula Lijó Fernández, Alba González Arestín e Miguel Tubío Tarrío.

Exercen de monitores Jenni Tesón Pérez, Lara Santos Luengo e Soleiman Chhaim.